LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

15/6/08

Última visita dos alumnos do primeiro ciclo de primaria.


Como despedida do curso 2007-2008 os alumnos xunto coas súas profesoras fixeron unha saída ao medio rural para celebrar o "Día Mundial do Medio Ambiente".

Como pódese apreciar na foto fixemos unha marcha polo mnte ao "Indiana Jones" mentras recoñecíamos árbores e plantas.

Despois, visitamos unha pequena granxa e unha casa rural na que acendimos unha lareira e observamos algúns obxectos antigos cos que vivían os nosos devanceiros cando a vida non era tan cómoda.
A comida foi campestre.

Pola tarde, fixemos sendeirismo e speramos a chegada do autobús xogando nun campo de fútbol e nun parque en Lago, Valdoviño.

Foi un día fantástico e acompañou o bon tempo.
FELIZ VERÁN!!!

6/6/08

2º de Primaria con CARLOS ALCOLEA.

O martes 3 de xuño, os nenoos e nenas da 2º de primaria achegámonos a disfrutar coa exposición de Carlos Alcolea, no Centro Cultural da Fundación Caixa Galicia.
Vimos uns cadros cheos de cor nos que os protagonistas son figuras, algunhas, de persoaxes de ficción como "Alicia no País das Marabillas".
No obradoiro desta visita disfrutamos moito creando o corazón do noso amigo ou a cara partindo da palabra "¿ojo?" como se aprecia nos debuxos que vedes. Foi unha despedida das Artes Plásticas neste curso.

5/6/08

A granxa de 2º de EI.

Simpático traballo realizado polos alumnos de 4 anos.