LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

30/1/08

Dia da Paz

Hoxe, cun acto no que participaron todos os alumnos, celebrouse o Día da Paz. Como preparación, os alumnos traballaron sobre o tema durante estes días. Aquí podemos ver algún destes traballos.

Próximanente, na ESO...


?



Ecoloxía.

Durante estes días apareceron na prensa noticias de enfrentamentos entre ecoloxistas e cazadores de raposos. Esta nova chamou a atención dos alumnos de 2º da ESO e foi comentada na clase de Ciencias Naturais. Por suxestión deles, especialmente Mº José, publícase o seguinte enlace para que poidades ler a noticia e deixar a vosa opinión.
www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/01/28/0003_6517794.htm

Partido con final incríbel.

O domingo pasadado o equipo de fútbol sala vencer por 3-2 ao Lestonnac, e mantense invicto. O partido foi realmente emocionante. Na máis comenzar, adiantouse o Lestonnac e non se logrou empatar ate mediada a segunda parte. O final foi emocionante e sorprendente, pasándose do 1-1 ao 3-2 definitivo nos 40 últimos segundos de partido.
O próximo partido será o sábado 2 de febreiro ás 18:30 no pavillón do Ensanche.

29/1/08

Entroido solidario.


O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ten a ben informarlles de que con motivo da “Campaña da Fame”, o vindeiro venres 1 de febreiro, celebraremos unha festa do Entroido na que venderemos produtos galegos típicos do tempo para recadar fondos para a mencionada campaña.

É por iso que nos diriximos a vostedes para que, coa boa disposición que sempre amosan, colaboren con nós. Precisamos de “expertos reposteiros” dispostos a doar freixos, filloas, orellas, torradas ...
Estas lambetadas recolleranse a partir do xoves, ou ben nas clases ou ben en portería, e venderanse, entre os alumnos, nos recreos do venres 1 de febreiro. Será un xeito de dar a coñecer as nosas tradicións gastronómicas, e ao tempo, colaborar cunha boa causa.

Agradecemos a vosa colaboración por anticipado.



24/1/08

Novo partido de liga.

Despois de vencer, noutro emocionante partido por 5 - 3 ao C. D. Lodairo, o equipo consegue manter a racha e vencer en todos os partidos celebrados. O próximo encontro será o domingo 27 ás 19:15 no pavillón de Narón fronte ao Lestonnac.

21/1/08

Teatro en inglés

Os alumnos de 3º e 4º de ESO acudiron ao Colexio Lestonnac para ver unha magnífica representación teatral, en língua inglesa, da obra "The elephnat man".

18/1/08

VII Certame Poesía e Imaxe.


Dende hoxe e ata o próximo xoves 24 pódese ver no, ximnasio do centro, a exposición dos mellores traballos presentados á VII edición do Certame Poesía e Imaxe organizado polo Concello de Ferrol. Neste certame participan escolares de todo Ferrol, e entre os debuxos seleccionados podemos ver o e Rocío Cruz, alumna de 2º da ESO.

17/1/08

Dúas de dúas.

Segunda victoria en dous partidos, nesta ocasión por 5 - 4 ante o Parrulo. Ambos equipos encabezan a táboa sumando seis puntos, pero con diferenza de goles favorable ao Parrulo que xogou tres partidos.

O próxmo partido será o domingo 20 no pavillón de Narón ás 16:45 fronte ao Lodairo.

Recuperación de lobos mariños na SGHN.


Nos últimos días, por causa do temporal, chegaron ás nosas costas varios exemplares de lobos mariños cincentos (halichoerus grypus). Normalmente son exemplares de pouca idade arrastrados polo vento e as correntes dende Irlanda, Reino Unido ou a Bretaña. Moitas veces o seu estado é lamentable e son cuidados e tratados nos locais da Sociedade Galega de Historia Natural en Amboaxe. Pódense obter información e ver fotografías destes mamíferos mariños en sghnferrol.blogspot.com

11/1/08

Volve o fútbol sala.

Despois da victoria na primeira xornada por 6-3 ante o Lestonnac, o equipo do Colexio reanuda a competición o domingo ás 16:45 na Malata. Esperamos, como sempre, o ánimo da afección.