LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

10/6/09

Exposición O Bosque Móbil.

É un proxecto da FECYT dirixida aos centros escolares para concienciar da importancia do reino vexetal, en especial das árbores, nas nosas vidas.
A exposición consta de dous módulos:
-Unha pequena recreación dun bosque con tocóns de árbores, follas para clasificar, pegadas de animais, caixas entomolóxicas, sons da natureza...
-Unha serie de paneis para estudar a evolución e usos das árbores.
Foi visitada por alumnos de 5º e 6º de EP e 2º, 3º e 4º da ESO.

Julia Prieto Rubio, alumna de 2º da ESO, quedou finalista na zona de Ferrol, no "Concurso Jóvenes Talentos de Relato Corto" en lingua castelán na súa 49º edición.
No concurso, organizado pola Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña, participaron máis de dez mil estudantes de 2º curso da ESO de toda España. En Galicia foron 595 alumnos co reto de escribir un relato corto de temática libre, con catro carillas de extensión, partindo das palabras restaurante, gabardina, máquina e secreto.
A entrega de premios foi no Club de Campo de Vigo, o día 22 de maio.
PARABÉNS, JULIA. E adiante con ese talento literario.

4/6/09

Premios das letras Galegas.

Queremos felicitar a todos os participantes nos diversos concursos das Letras Galegas pola gran traballo realizado. Grazas pola vosa participación. Estes son os gañadores:

Premios literarios:
Guillermo Castro.



Francisco Antón.


Antón Estevan Sicre.

Fotografía: Cristina Aragón.

"Ponlles Voz": Juan Yánez e Laura Serantes.




"Contos dixitais": Marta Lama e Alejendra Prado



3/6/09

Senderismo nos Ancares. Ruta de Tres Bispos.

Bonita ruta realizada polos alumnos de 3º e 4º da ESO que permite subir a Tres Bispos, un dos grandes cumios dos Ancares, con 1800 m de altitude no que incluso poidemos xogar coa neve. Esta actividade está incluída no proxecto do ENDL e contou coa colobaración económica do ANPA.