LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

8/1/12

Adviento y Navidad en 4º EP.

2/1/12

A VERY SPECIAL FATHER CHRISTMAS.


JOU JOU JOU!! Así comezou o mini-espectáculo que o obradoiro de teatro en inglés do noso colexio ofreceunos nos últimos días de clase antes do Nadal.          
  “Hello everybody!!” gritaba Papa Noel ao entrar mas clases para interpretar o seu papel de novo profesor do Colexio Jesús Maestro. Unha nova materia impartiuse da súa man, a materia de “espírito navideño”. E aínda que nós fomos sempre moito máis partidarios dos Reis Magos, ao non falar estes o inglés, decidimos contar co bo de Father Christmas como o protagonista estelar dunha obra escrita e interpretada ao 100% polos alumnos de teatro de 1º e 2º de ESO. Nós cremos que pagou a pena, non si?
A mini-obra teatral visitou as aulas de 1º, 2º e 3º de primaria ademais de escenificarse para os alumnos de 1º e 2º da ESO (toda unha valentía para os membros do grupo de teatro que superaron os seus medos e vergoñas).
 O seu argumento estaba enfocado para os máis pequenos, e trataba de nos amosar cal era o verdadeiro sentido do Nadal. Algunhas das esmeradas alumnas de tan famoso profesor, crían, erroneamente, que o Nadal eran os agasallos, o turrón, as compras nas rebaixas o mesmo a boa sorte na lotería. E o pobre de Papa Noel, desesperado, tiña que corrixir as felicitacións  que as alumnas escribiran porque eran un auténtico desastre. Pero, ao final, coa súa axuda aprenderon que o Nadal ten moito máis que ver coa familia, co amor, con compartir, coa tenrura, e por suposto co nacemento dun pequerrecho chamado Xesús.
Ante tanta saber navideño  Father Christmas decidiu conceder ás súas alumnas o título de graduadas en Nadal, e celebraron unha elegante cerimonia onde se lles impuxo o coñecido gorro de licenciadas. En fin, foi unha xornada moi completa pero como moitos non a puidestes gozar, aló van unhas cantas fotos escollidas.

APRENDENDO A ESCRITURA EN 1º DE ESO… COMO É POSIBLE?


Os alumnos de 1º de ESO están de noraboa porque APRENDERON A ESCRIBIR!! Si, xa sabemos que é un pouco tarde para aprender a escribir, e que moitos compañeiros de Primaria escriben perfectamente dende fai anos… Quere isto dicir que en 1º de ESO non saben a estas alturas nin o abecedario? Non! O que acontece é que aprenderon a escribir cun tipo de escritura desaparecida fai miles de anos.

Na clase de Ciencias Sociais, no primeiro trimestre, estivemos traballando sobre Mesopotamia. Que non sabes que é? É unha terra inmensa situada entre os ríos Tigris e Éufrates, no que hoxe serían as terras non desérticas do actual Iraq, en Oriente Próximo. Aló tras desenvolver unha próspera agricultura foron sucedéronse diferentes pobos, os sumerios, os akadios, os babilónicos, os persas, que vivían en cidades-estado algunhas tan poderosas que chegaran a formar imperios.

Todos ese pobos tiveron algo en común, foron dos primeiros en empregar a escritura, case podemos dicir que foron eles os inventores da lingua escrita. Claro que era moi diferente á nosa e non escribían cun alfabeto senón que inventaban un debuxo para cada obxecto ou idea que querían amosar, a este tipo de escritura chamámoslle pictográfica. Isto facía realmente complexo aprende a escribir. Outra dificultade era o soporte para a escritura. Nós empregamos papel, eles escribían sobre pequenas táboas de barro ao ser ese o material máis barato e abundante nunha zona semidesértica.

Co paso dos milenios a súa escritura foi evolucionando e ao entrar en contacto con outras culturas e mesmo volverase unha escritura fonética (reproduce sons) e desenvolveran un sinxelo alfabeto que é o que empregaron os alumnos de primeiro da ESO para aprender a manexarse en escritura cuneiforme. A forma de escribir sobre o barro mediante unha cana que vai deixando pegadas en forma de cuña, foi o que lle deu o nome a esta escritura.

Agora tan só nos queda tratar de descifrar as mensaxes que os alumnos de 1º de ESO deixaron sobre as súas táboas de barro. Serán a clave para atopar un tesouro? Estarán a falarnos de cómo atopar a Torre de Babel? Verémolo proximamente nos corredores do colexio.