O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ten a ben informarlles de que con motivo da “Campaña da Fame”, o vindeiro venres 1 de febreiro, celebraremos unha festa do Entroido na que venderemos produtos galegos típicos do tempo para recadar fondos para a mencionada campaña.
É por iso que nos diriximos a vostedes para que, coa boa disposición que sempre amosan, colaboren con nós. Precisamos de “expertos reposteiros” dispostos a doar freixos, filloas, orellas, torradas ...
Estas lambetadas recolleranse a partir do xoves, ou ben nas clases ou ben en portería, e venderanse, entre os alumnos, nos recreos do venres 1 de febreiro. Será un xeito de dar a coñecer as nosas tradicións gastronómicas, e ao tempo, colaborar cunha boa causa.
Agradecemos a vosa colaboración por anticipado.
1 comentario:
me parece genial como estais trabajando se nota que sois un equipo joven Animo y seguir en esa linea
Publicar un comentario