LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

31/5/08

Programa Augamar 2008.




Os alumnos de 3º da ESO participaron, un ano máis, no programa de educación ambiental sobre o medio mariño Auga+Mar 2008 da Xunta de Galicia. Dito programa busca achegar aos participantes ao mundo mariño nas súas diferentes vertentes, mediante a realización de actividades de estudo de mamíferos mariños, mostraxe intermareal, talleres de algas e reciclaxe, observación de aves, embarcacións tradicionais,etc...
As actividades realizáronse do 12 ao 16 de maio en Vilanova de Arousa. Nesta quenda participaron cerca de 100 alumnos, nun gran ambiente de convivencia, dirixidos por 12 monitores que desmpeñaron un fantástico traballo.

No hay comentarios: