LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

11/12/09



Dez rapaces do Colexio “Jesús Maestro” de Ferrol recadan 350 kilos de roupa para casas de acollida
O pasado ano o centro traballou a prol do Banco de alimentos, da alfabetización en África, sensibilizou acerca de campañas coma “POBREZA CERO”, os nenos-soldados, e fundamentalmente axudou a Mishikishi e Fisenge, dúas aldeas de Zambia que son mantidas polo colexio das “discípulas”.
A campaña promovida polo alumnado, céntrase agora na recollida de calzado de home atendendo a unha demanda de Cáritas Ferrol.
Estas iniciativas contan co apoio do departamento de educación ético-cívica e de educación para a cidadanía.
Eles son XASS, Xóvenes e Sobradamente Solidarios
Tras case dez días de intensa actividade textil, os alumnos de 4º da ESO do colexio “Jesús Maestro”, (as discípulas), clasifican agora o calzado que a vindeira semana entregarán a Cáritas Ferrol.
Os alumnos fabricaron un tendal con roupa de cartón que servise de reclamo para toda a comunidade educativa. E funcionou!!!!! Vaia se funcionou!!! Durante os últimos días toda a comunidade escolar volcouse nesta campaña, e cada mañá o baúl situado no patio, aparecía repleto de bolsas de roupa, que logo, nos ratos libres e fora do horario escolar, clasificaron os alumnos de 4º de ESO.
Aitana, Carmen, Cristina, Laura, Amaia, Pilar, Blanca e Belén son as mozas que aparecen na fotografía, pero o esforzó compartírono con María José e Manuel.
O laboratorio do centro transformouse nun almacén de roupa onde os sacos clasificados fóronse acumulando ata chegar case o teito. Ao contar cunha báscula na sala, ás alumnas ocorréuselles ir pesando os sacos para poder calcular a cantidade de roupa que pasaba polas súas mans. O resultado foi moi satisfactorio, más de 350 quilos que partiron xa rumbo ás diferentes casas de acollida que os salesianos teñen esparexidas por España e nas que se atende a drogodependentes, mulleres sen recursos, maltratados, orfos e outras moitas persoas en risco de exclusión social.
Pero como o alumnado é consciente de que tamén aquí, ao noso carón hai necesidades, puxéronse en contacto con Cáritas Ferrol, por ver se podían axudar asemade a esta institución ferrolá. Dende alí notificáronlles que o seu roupeiro estaba, polo de agora, ben servido, pero que sen embargo, carecían de calzado de home. Iniciouse xa que logo, a segunda parte desta campaña. A día de hoxe xa teñen clasificados más de 200 pares de zapatos, aínda que tan só un 25% son de home. Pero durante a vindeira semana seguirán no labor e achegarán a mercadoría a Cáritas.
No Colexio “Jesús Maestro” a soliedariedade non se aprende, practícase.
Se por algo ben destacando o colexio que dende fai máis de medio século rixen as Discípulas de Jesús, é pola súa ensinanza dialogante e aberta, na que a educación en valores ten un gran peso. É por iso, que cada ano achégase a os alumnos a unha realidade concreta e invítaselles a participar na sociedade para manifestar a necesidade de cambiar as inxustizas sociais.
Dende a campaña “Pobreza Cero”, pasando por un forte apoio ao cumprimento dos “Obxectivos do Milenio”, o coidado do medio ambiente (recolla de materiais contaminantes, reciclaxe de móbiles, contacontos…), a realidade dos nenos soldados, etc.
Pero sen dúbida, as actividades estrelas, (dende fai máis de cincuenta anos), son aquelas relacionadas con Zambia. Aló levan décadas traballando as discípulas en dúas aldeas, Mishikishi e Fisenge. En ámbalas dúas abriron escolas, garderías, obradoiros de téxtil para mulleres, becas para bachilleres na cidade… En definitiva, levaron a formación precisa para que pouco a pouco África vai saíndo do subdesenvolvemento. As dificultades son tantas, que é o colexio ferrolá quen se encarga de “apadrinar” ás dúas localidades, e procurar que dispoñan de todo o preciso. Para eles se destinan todos os ingresos das festas do colexio, para eles se fan campañas de recollida especiais. E así seguirá a ser tamén neste ano que se inicia.
Agradecementos
Os alumnos amósanse moi agradecidos con todas as familias que se volcaron coa súa proposta e que non dubidaron en baleirar ós seus roupeiros doando pezas en moi bo uso e mesmo roupa e calzado sen estrear.
Por outra banda, o departamento de ética e de educación para a cidadanía, non pode menor que manifestar a súa satisfacción polo traballo destes alumnos que son quen de pasar á acción e, sempre con alegría e espírito de traballo, participar en todas as actividades solidarias que se propoñen dende o centro.

No hay comentarios: