JOU JOU JOU!! Así comezou o mini-espectáculo que o obradoiro de teatro en inglés do noso colexio ofreceunos nos últimos días de clase antes do Nadal.
“Hello everybody!!” gritaba Papa Noel ao entrar mas clases para interpretar o seu papel de novo profesor do Colexio Jesús Maestro. Unha nova materia impartiuse da súa man, a materia de “espírito navideño”. E aínda que nós fomos sempre moito máis partidarios dos Reis Magos, ao non falar estes o inglés, decidimos contar co bo de Father Christmas como o protagonista estelar dunha obra escrita e interpretada ao 100% polos alumnos de teatro de 1º e 2º de ESO. Nós cremos que pagou a pena, non si?
A mini-obra teatral visitou as aulas de 1º, 2º e 3º de primaria ademais de escenificarse para os alumnos de 1º e 2º da ESO (toda unha valentía para os membros do grupo de teatro que superaron os seus medos e vergoñas).
O seu argumento estaba enfocado para os máis pequenos, e trataba de nos amosar cal era o verdadeiro sentido do Nadal. Algunhas das esmeradas alumnas de tan famoso profesor, crían, erroneamente, que o Nadal eran os agasallos, o turrón, as compras nas rebaixas o mesmo a boa sorte na lotería. E o pobre de Papa Noel, desesperado, tiña que corrixir as felicitacións que as alumnas escribiran porque eran un auténtico desastre. Pero, ao final, coa súa axuda aprenderon que o Nadal ten moito máis que ver coa familia, co amor, con compartir, coa tenrura, e por suposto co nacemento dun pequerrecho chamado Xesús.
Ante tanta saber navideño Father Christmas decidiu conceder ás súas alumnas o título de graduadas en Nadal, e celebraron unha elegante cerimonia onde se lles impuxo o coñecido gorro de licenciadas. En fin, foi unha xornada moi completa pero como moitos non a puidestes gozar, aló van unhas cantas fotos escollidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario