O concurso
convocado pola área de Benestar Social do Concello de Ferrol co fin de
conmemorar o Día da Inmigración– o pasado mes de decembro– ten xa aos seus
gañadores. Dos 190 debuxos participantes no certame, que se presentou baixo o
lema “¿Qué é para ti a inmigración?” , resultaron afortunados tres en cada unha
das dous categorías existentes.
Os gañadores de
cuarto a sexto de Primaria –segunda categoría– foron Pilar Faraldo Vicario, co
primeiro premio e Isabel Fernández Pérez
co segundo premio (as dúas pertencentes ao noso colexio).
O acto
institucional que tivo lugar onte, día 18 de decembro no salón de recepcións do
Concello contou coa asistencia dalgúns pais e profesores dos escolares
gañadores que, pese á súa timidez, mostráronse moi satisfeitos dos premios
acadados cos seus debuxos.
A concelleira de
Benestar Social,Rosa Martínez, calificou
de “magnífica” a iniciativa e a idea de que os nenos traballen temas
transversais como a inmigración nos centros escolares. Dirixíuse aos participantes recordándolles que seguramente
moitos dos seus bisavós tiveron que emigrar en busca de oportunidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario