LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

3/3/15

OS ALUMNOS DE 3º EP NA AULA DE ECOLOXÍA

Os alumnos de 3º EP visitamos a aula de ecoloxía para reforzar o noso coñecemento sobre as redes tróficas. Sabemos que… Nun ecosistema cada especie pode comer cousas moi diferentes e servir de alimento a diversos organismos. Esta complexidade pode representarse a través de cadeas e redes tróficas. Unha cadea trófica ou alimentaria é un esquema lineal no que cada elemento da cadea aliméntase do anterior e serve de alimento ao seguinte. Pasamos moi bo rato e agora xa temos máis claro o significado destas dúas palabras “raras”…Redes tróficas!!!

No hay comentarios: