ODAIKO PERCUSSION GROUP
O grupo toma o seu nome do odaiko, un tambor tradicional xaponés.
Está integrado por licenciados en percusión clásica,
contemporánea e jazz, fórmase en Holanda no ano 2003, a pesar de que xa se
coñeceran en Galicia. Primeiro tocaron como dúo, logo como trío e máis adiante
como Odaiko Percussion group.
A proposta artística deste grupo galego céntrase na
exploración da música tradicional multiétnica, na súa variante percusiva.
Nos seus espectáculos pódese atopar instrumentos de orixe
oriental (táboas), africanos (djembé, sabar, dum-dum), latinoamericanos (congas,
bongos, maracas, caixón), galegos (bombo, pratos, tamboril, tarrañolas) e
instrumentos de creación posterior como marimba, xilófono ou batería.
BRAVO, BRAVO, BRAVÍSIMO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario