Os alumnos de 3º e 4º de EP visitamos O MUÍÑO DE PEDROSO para realizar uns obradoiros moi interesantes.
Este é un dos oficios tradicionais que sempre estaba presente na vida cotiá dos nosos antepasados. A cestería tiña especial presenza no inverno, cando as horas nas que non había sol, e polo tanto non se podían realizar tarefas agrícolas, enchíanse cos traballos complementarios que podían facerse na casa, a carón da lareira.
- Descubrir e experimentar o oficio tradicional da cestería.
- Poñer en valor o noso patrimonio etnográfico material e inmaterial.
- Mellorar a autonomía persoal e as habilidades sociais.
- Traballar a psicomotricidade fina e a creatividade.
- Poñer en valor o noso patrimonio ambiental.
- Promover o uso de productos naturais.
- Mellorar a autonomía persoal e as habilidades sociais.
- Traballar a psicomotricidade.
Tamén pasamos parte da tarde xogando ao pano, petanca, carreiras de sacos, culler e ovos...
O tempo acompañou e pasamos un día moi ben aproveitado.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!