Hoxe tivemos a gran sorte de contar con Ramón Bermejo, gran músico, compositor e director de formacións corais, co que ensaiamos a canción "Chea de vida", da artista Guadi Galego.
Esta música será interpretada polos nosos rapaces de 4º, 5º, 6º e 1º de ESO, xunto con outros alumnos de máis centros de todo Ferrol e comarca, formando así un coro de grandes dimensións, para celebrar todos xuntos, o día das Letras Galegas.
Tamén contamos coa presencia de José Antonio Sordo, asesor do Centro de Formación e Recursos do profesorado, como organizador do curso "O coro escolar, unha actividade integradora para
o alumnado", de onde naceu este fermoso proxecto.
Todo isto levaráse a cabo nun lugar emblemático
da nosa comarca, como é o asteleiro de NAVANTIA (Ferrol), o xoves, día 11 de maio, no que se gravará un videoclip coa actuación de todos os nenos xunto coa intérprete da canción, e será algo que terá unha gran difusión por todos os medios de comunicación.
Estamos desexando que chegue o día!!!
Aquí vos deixamos o enlace do ensaio como aperitivo do que vai acontecer!!
Moitas grazas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario