Varias nenas de 4º de primaria, quedaron finalistas da primeira edición do concurso "Canvivindo", organizado polo Concello de Ferrol no que se pretendía concienciar ao máis pequenos/as da importancia do coidado dos animais e de rexeitar o seu maltrato.
A entrega dos diplomas e dos agasallos, presidida polo noso alcalde, realizouse o pasado sábado no Centro Cultural Torrente Ballester.
Noraboa a Clara, María, Eva, Lucía e Bene!
No hay comentarios:
Publicar un comentario