LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

27/2/09

Macedonia de froitas.

Os alumnos de infantil, traballando a alimentación, fixeron esta riquísima macedonia de froitas.

18/2/09

Neste mes de febreiro os rapaces e rapazas de 6º, aínda que na nosa paisaxe houbo pouca luz, fomos quen de debuxar estas ventás cheas de cor.
Gustoumos moito facer este traballo.

30/1/09

Día da Paz e da Non Violencia.

No colexio celebramos cun sinxelo acto o Día da Paz e da Non Violencia e os alumnos realizaron estupendos traballos, como se pode apreciar, para conmemorar este día.


22/1/09

Oa alumnos e alumnas de 6º de primaria, na clase de educación plástica, fixemos estes debuxos empregando unha nocións para entender a perspectiva (punto de fuga, tamaños, sombras...) e este foi o resultado.
Foi o noso primeiro traballo deste 2009 que está comenzando. Cando fagamos algún máis que nos guste plubicarémolo para que o disfrutedes.

18/1/09


Os alumnos e alumnas de 3º de EP, no anerior trimestre, debuxamos o noso propio PAPEL DE REGALO. Queremos que vexades algúns.
Tamén debuxamos a nos visión do outono.
Quique Burguete debuxounos unha menina bailando.
Os xemelgos Yánez crearon a súa particular visión da cidade e da sabana.
Esperamos que vos guste.

29/12/08

Nacemento vivente.

Para acabar as clases este ano, en lugar do festival de nadal, fíxose un gran nacemento vivente en distintas dependencias do colexio. Foi un gran esforzo para alumnos e profesores, especialmente de EI e EP, pero pagou a pena visto o resultado.

Monicreques

O último día de clase os alumnos de 2º da ESO realizaron unha fantástica representación de contos con monicreques para os máis pequeniños do cole.

26/12/08

Son mis deseos para TODOS, los que consultáis este blog. Para mis compañeros y compañeras, los que estáis, los que ya os fuisteis , para los alumnos y alumnas, para las familias de todos, para los exalumnos y exalumnas, los que vivís aquí y los que estáis fuera, para todos aquellos que de alguna manera tienen relación con nuestro querido Colegio.
Va para todos y todas, con cariño.

24/12/08

23/12/08

Concurso de tarxetas de nadal da FAPA.


Carmen Ares, alumna de 3º da ESO, foi a gañadora deste concurso na súa categoria. Ademáis, outros alumnos do colexio foron finalistas e tamén recolleron o seu agasallo.

22/12/08

Visita do Paxe Real.


Os nenos de E. I. tiveron o privilexio de ser visitados polo Paxe Real. Así as súas peticións aos Reis Magos de Oriente serán atendidas con maoir celeridade.

Traballos de nadal.

Aquí temos algúns dos traballos de Educación Infantil realizados para o Nadal.
Tamén podemos ver ás profes preparando o fantástico decorado do ximnasio para a representación do Belén.


26/11/08

Os alumnos de 3ª de Primaria na clase de Educación Plástica, debuxamos unha praia tal como a lembramos e algunhas queremos que as vexades aquí.
Tamén, partindo dunhos obxectos e froitas que Maribel nos colocou na aula, fixemos o primeiro BODEGÓN.
Estes son os resultados. Iremos poñendo máis ao longo do curso.
Que vos gusten!

14/11/08

Visita a Santiago.

Os alumnos de 3º e 4º da ESO tamén celebraron a Semana das ciencias visitando a exposición "Da natureza á mesa" sobre a historia dos cultivos tradicionais das hortas galegas, organizada polo Museo de Historia Natural Luis Iglesias da Univesidade de Santiago.

Aproveitose a viaxe para visitar o Panteón de Galegos Ilustres na igrexa de San Domingos de Bonaval e a exposición "Galicia Dixital" no mosterio de San Martiño Pinario.

Semana das Ciencias 2008.

O colexio celebrou a Semana das Ciencias 2008 participando en distintas actividades organizadas pola Fundación Ferrol Metrópoli.

O martes 11 representouse no colexio o espectáculo "O naúfrago" con o obxectivo de despetar a curiosidade dos nenos a partir de experienias imaxinativas. Asistiron, ademáis dos alumnos de 5º e 6º de primaria, un grupo de nenos do CEIP de Esteiro.

O mércores 12 alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO, xunto con outro grupo do IES Montojo, desprazáronse a Alde Nova en narón. Alí, ademáis de visitar o parque temático, participaron en obradoiros de astronomía e enerxías alternativas.

4/11/08

As Meninas en Canido

Os alumnos de 1º e 2º de EP visitaron o barrio de Canido para admirar os murais realizados por varios artistas de Ferrol. Con estas obras preténdese dar vida ao barrio e denunciar o seu estado de abandono.

31/10/08

Pasatempo. Trata de resolvelo.

Samaín.

Fotos do gran traballo realizado polo alumnos de 4 anos no Samaín. Ademáis podemos ver un gran mural do outono.

30/10/08

Clase de 1º EP.

23/10/08

No corazón da fraga.

Ao igual que no libro"No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz, os alumnos de 5º e 6º de EP realizaron unha saída ás Fragas do Eume. Vistaron o espectacular monasterio de Caaveiro, recolleron castañas, pero algún neno levaría un trasno na súa mochila?

Ademáis fixeron unha pequena ruta de sendeirismo para admirar a paisaxe e a gran variedade de especies vexetais presentes na fraga, e no centro de interpretación, viron un video sobre a gran cantidade de animais que habitan as ribeiras do Eume.

Todo isto acompañados de Santi, un guía do parque natural, ao que queremos agradecer as súas explicacións e amabilidade.