É un proxecto da FECYT dirixida aos centros escolares para concienciar da importancia do reino vexetal, en especial das árbores, nas nosas vidas.
A exposición consta de dous módulos:
-Unha pequena recreación dun bosque con tocóns de árbores, follas para clasificar, pegadas de animais, caixas entomolóxicas, sons da natureza...
-Unha serie de paneis para estudar a evolución e usos das árbores.
Foi visitada por alumnos de 5º e 6º de EP e 2º, 3º e 4º da ESO.
Actividades, saídas, traballos, etc. Todo o que facemos no noso colexio
LEMA 2016-17
EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA
10/6/09
Julia Prieto Rubio, alumna de 2º da ESO, quedou finalista na zona de Ferrol, no "Concurso Jóvenes Talentos de Relato Corto" en lingua castelán na súa 49º edición.
No concurso, organizado pola Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña, participaron máis de dez mil estudantes de 2º curso da ESO de toda España. En Galicia foron 595 alumnos co reto de escribir un relato corto de temática libre, con catro carillas de extensión, partindo das palabras restaurante, gabardina, máquina e secreto.
A entrega de premios foi no Club de Campo de Vigo, o día 22 de maio.
PARABÉNS, JULIA. E adiante con ese talento literario.

4/6/09
Premios das letras Galegas.
Queremos felicitar a todos os participantes nos diversos concursos das Letras Galegas pola gran traballo realizado. Grazas pola vosa participación. Estes son os gañadores:
Premios literarios:
Guillermo Castro.

Francisco Antón.
Antón Estevan Sicre.
Fotografía: Cristina Aragón.
"Ponlles Voz": Juan Yánez e Laura Serantes.
"Contos dixitais": Marta Lama e Alejendra Prado
View more OpenOffice presentations from jhmera.
3/6/09
Senderismo nos Ancares. Ruta de Tres Bispos.
Bonita ruta realizada polos alumnos de 3º e 4º da ESO que permite subir a Tres Bispos, un dos grandes cumios dos Ancares, con 1800 m de altitude no que incluso poidemos xogar coa neve. Esta actividade está incluída no proxecto do ENDL e contou coa colobaración económica do ANPA.
29/5/09
1º e 2º de E. P. Expresión creativa.
Esta é a miña pequena homenaxe aos nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria.
Grazas, moitas grazas polos boísimos momentos que pasamos xuntos este curso.
A vosa "profe" Rebeca deséxavos un feliz verán cheo de grandes aventuras.
Grazas, moitas grazas polos boísimos momentos que pasamos xuntos este curso.
A vosa "profe" Rebeca deséxavos un feliz verán cheo de grandes aventuras.
Celebración das Letras Galegas 2009.
O ENDL preparamos unha serie de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas.. Os alumnos da ESO prepararon unhas estupendas representaciobras de teatro, contos dixitais, contos solidarios e unha presentación sobre a vida de Ramón Piñeiro.
Tamén os alumnos de primaria participaron con poemas, contos e un rap. Proxectouse tamén unha presentación sobre a vida de Ramón Piñeiro.
Tamén houbo cine en galego para os alumnos de 1º da ESO.
Dende o ENDL agradecemos o gran interese e a gran participación de todos os alumnos e profesores nestas actividades, así como nos concursos propostos.
Excursión de EI a Gandarío.
Un bonito recordo da excursión de fin de curso de EI a Gandarío. Foi un día precioso e os nenos pasárono en grande.
28/5/09
Excursión de 3º e 4º de EP a Cabanas.
Fotos da excursión a Cabanas e as súas obras artísticas na area.
25/5/09
21/5/09
Mes de Maio, mes de María.
Mostra do traballo feito, con gran ilusión, polos nenos de 4 anos no mes de María.
20/5/09
Premios de debuxo.
15/5/09
Semana vocacional.
Aquí temos algúns dos traballos dos nenos de 4 anos para a Semana Vocacional. Pasárono moi ben coa vista de Janet e a presentación que lles puxo, ademáis fixeron unhos debuxos que lle regalaron para os nenos de Zambia.
11/5/09
Decoración da Praza de Armas.
O pasado xoves os alumnos de 3º de EP, acompañados da titora Ana Losada e a mestra de E. Plástica Maribel Garrote colaboraron na Praza de Armas coa iniciativa de Eduardo Hermida e Avelino Castro de poñer nas mans dos nenos de Ferrol a construción dunha nova praza.
Todos os alumnos deron cor aos deseños seleccionados por estes pintores e alí estiveron entre pinturas, rodillos, e pinceis deixando a frescura nos seus trazos.
O próximo xoves participarán os alumnos de 6 EP e deixarán plasmados os deseños da praza que eles queren para o futuro.
Parabéns a estes grandes pintores do noso colexio e oas artistas que os dirixen.
Esta proxecto está apoiado polo Concello de Ferrol.
Aquí temos os resultados.
10/5/09
Visita a Cospeito, Arneiro e Lugo.
Actividade cultural realizada polos alumnos de 1º e 2º da ESO, incluída no Proxecto do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, o pasado martes día 5.
En primeiro lugar visitouse a lagoa de Cospeito, declarada pola UNESCO como Reserva da Biosfera. É un dos ecosistemas máis importantes de Galicia pola gran cantidade e variedade de aves que a utilizan para pasar o periodo invernal. Non foi a mellor época do ano para visitala, pero observarónse gran cantidade de aves rapaces e acuáticas, cegoñas alimentando ás súas crías, anfibios e especies arbóreas de gran interese.
De camiño a Lugo fíxose unha parada no lugar de Arneiro para visitar as ruínas das instalación militares construías polos nazis na 2º Guerra Mundial. Era un conxunto de tres antenas de 112 m de altura (hoxe derrubadas) para facilitar o posicionamento de submarinos e control do tráfico aéreo no Golfo de Biscaia, ademáis dun aerporto cercano.
Xa en Lugo realizouse un interesantísimo percorrido polo centro histórico desta cidade con 2000 anos de historia, visitando a Catedral, Muralla, Praza Maior, Concello... Nesta actividade colaborou de forma especial Ana Martín elaborando un magnífico material didáctico.
l

Traballo de EI para o día da nai.
Traballo dos alumnos de EI para o día da nai. Unha bonita de flor con unha base rechea de sal. Esperamos que lles gustase.
9/5/09
Química de andar pola casa.
Para medir o pH ou estudar as reccións de neutralización necesitamos un indicador. Isto é unha substancia que cambia de cor segundo o medio sexa ácedo ou básico. Un dos mellores indicadore é a col lombarda como poideron comprobar a salumnas de 3º da ESO. Mediron o pH de substacias como lexivia, café, perfumes, zumes, amoniaco... ademáis de comprobar a reversibilidade das reaccións de neutralización.
7/5/09
Premios 9º Certame Poesía e Imaxe.
No Centro Cívico Carballo Calero da nosa cidade, inaugurouse unha exposición cos traballos premiados no 9º Certame de Poesía e Imaxe.
Nestas fotos vemos a Laura e Pipo, de 3º e 6º de Primaria do noso Colexio onde a Concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales lles fai entrega dos agasallos.
Parabéns para ambos e a seguir debuxando cada día mellor. Pódense ver os seus debuxos en: http://www.blogoteca.com/cenlf/index.php?cod=60403

6/5/09
Matriuskas para o Día da nai.
Os nenos e nenas de 6º, na clase de Expresión Plástica, fixemos esta colección de matriuskas para decirlles as nosas nais que as queremos moito. Foi un pequeno símbolo que esparemos que lles gustase.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

.jpg)