PREMIADOS OS NOSOS COMPAÑEIROS DE 5ºEP
O Concello entrega os premios aos debuxos sobre a inmigración
O concurso
convocado pola área de Benestar Social do Concello de Ferrol co fin de
conmemorar o Día da Inmigración– o pasado mes de decembro– ten xa aos seus gañadores.
Dos 190 debuxos participantes no certame, que se presentou baixo o lema “¿Qué é
para ti a inmigración?” , resultaron afortunados tres en cada unha das dous
categorías existentes.
Os tres gañadores
de cuarto a sexto de Primaria –segunda categoría– foron Pablo Ares Coira,
Natalia Rodríguez Fuentes e Carmen Fuente Santiago (as dúas pertencentes ao
colexio Jesús Maestro).
O acto
institucional que tivo lugar onte, día 19 de febreiro no salón de recepcións do
Concello contou coa asistencia dalgúns pais e profesores dos escolares gañadores
que, pese á súa timidez, mostráronse moi satisfeitos dos premios acadados cos seus
debuxos.
O alcalde, José
Manuel Rey, calificou de “magnífica” a iniciativa e a idea de que os nenos
traballen temas transversais como a inmigración nos centros escolares. O
alcalde dirixíuse aos participantes recordándolles que seguramente
moitos dos seus bisavós tiveron que emigrar en busca de oportunidades. Unha
situación, indicou, diferente á actual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario