LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

10/5/09

Visita a Cospeito, Arneiro e Lugo.

Actividade cultural realizada polos alumnos de 1º e 2º da ESO, incluída no Proxecto do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, o pasado martes día 5.
En primeiro lugar visitouse a lagoa de Cospeito, declarada pola UNESCO como Reserva da Biosfera. É un dos ecosistemas máis importantes de Galicia pola gran cantidade e variedade de aves que a utilizan para pasar o periodo invernal. Non foi a mellor época do ano para visitala, pero observarónse gran cantidade de aves rapaces e acuáticas, cegoñas alimentando ás súas crías, anfibios e especies arbóreas de gran interese.
De camiño a Lugo fíxose unha parada no lugar de Arneiro para visitar as ruínas das instalación militares construías polos nazis na 2º Guerra Mundial. Era un conxunto de tres antenas de 112 m de altura (hoxe derrubadas) para facilitar o posicionamento de submarinos e control do tráfico aéreo no Golfo de Biscaia, ademáis dun aerporto cercano.
Xa en Lugo realizouse un interesantísimo percorrido polo centro histórico desta cidade con 2000 anos de historia, visitando a Catedral, Muralla, Praza Maior, Concello... Nesta actividade colaborou de forma especial Ana Martín elaborando un magnífico material didáctico.

l

1 comentario:

Anónimo dijo...

Cospeito !
hay que repetir e juancar!
pero durmiendo alli!!!
we love shoping in Lugo!!