Actividades, saídas, traballos, etc. Todo o que facemos no noso colexio
LEMA 2016-17
EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA
2/1/12
APRENDENDO A ESCRITURA EN 1º DE ESO… COMO É POSIBLE?
Os alumnos de 1º de ESO están de noraboa porque APRENDERON A ESCRIBIR!! Si, xa sabemos que é un pouco tarde para aprender a escribir, e que moitos compañeiros de Primaria escriben perfectamente dende fai anos… Quere isto dicir que en 1º de ESO non saben a estas alturas nin o abecedario? Non! O que acontece é que aprenderon a escribir cun tipo de escritura desaparecida fai miles de anos.
Na clase de Ciencias Sociais, no primeiro trimestre, estivemos traballando sobre Mesopotamia. Que non sabes que é? É unha terra inmensa situada entre os ríos Tigris e Éufrates, no que hoxe serían as terras non desérticas do actual Iraq, en Oriente Próximo. Aló tras desenvolver unha próspera agricultura foron sucedéronse diferentes pobos, os sumerios, os akadios, os babilónicos, os persas, que vivían en cidades-estado algunhas tan poderosas que chegaran a formar imperios.
Todos ese pobos tiveron algo en común, foron dos primeiros en empregar a escritura, case podemos dicir que foron eles os inventores da lingua escrita. Claro que era moi diferente á nosa e non escribían cun alfabeto senón que inventaban un debuxo para cada obxecto ou idea que querían amosar, a este tipo de escritura chamámoslle pictográfica. Isto facía realmente complexo aprende a escribir. Outra dificultade era o soporte para a escritura. Nós empregamos papel, eles escribían sobre pequenas táboas de barro ao ser ese o material máis barato e abundante nunha zona semidesértica.
Co paso dos milenios a súa escritura foi evolucionando e ao entrar en contacto con outras culturas e mesmo volverase unha escritura fonética (reproduce sons) e desenvolveran un sinxelo alfabeto que é o que empregaron os alumnos de primeiro da ESO para aprender a manexarse en escritura cuneiforme. A forma de escribir sobre o barro mediante unha cana que vai deixando pegadas en forma de cuña, foi o que lle deu o nome a esta escritura.
Agora tan só nos queda tratar de descifrar as mensaxes que os alumnos de 1º de ESO deixaron sobre as súas táboas de barro. Serán a clave para atopar un tesouro? Estarán a falarnos de cómo atopar a Torre de Babel? Verémolo proximamente nos corredores do colexio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Que guapos salimos todosss!!!!!!!
Que guapos salimos !!!!
Publicar un comentario