Os alumnos do Primeiro Ciclo de Primaria visitamos a Casa do Mel. Primeiro, vimos un vídeo sobre as abellas. Aprendemos como se organizan, canto tempo viven e de que se alimentan. Despois, faláronnos do que producen: a cera e o mel. Vimos as máquinas e os traxes que utilizan os apicultores para traballar.
Tamén fixemos algo moi divertido: aprendemos a facer unha vela coa cera, e trouxémola de recordo para as nosas casas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario