OUTRA
CLASE DE HISTORIA FÓRA DO AULA
O 28 de maio os alumnos de 5º e 6º EP fomos
ata a Fortaleza de San Paio de Narla. Esta fortaleza atópase entre Friol e o
Monasterio de Sobrado dos Monxes.
O Museo está composto por tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo
central e torreón) e unha capela exterior.
A planta baixa acolle diferentes
coleccións relacionadas coa agricultura e cos oficios tradicionais (cesteiros,
zoqueiros...) Nas cortes dos cabalos instaláronse cadeiras de man e de montar a
cabalo e na adega móstranse os elementos propios desta dependencia (pelellos,
prensadores de uvas, medidas de viño...)
A primeira planta componse dunha cociña na que se encontran tres elementos da
construcción primitiva : a lareira, o forno e o servizo hixiénico, ademais de mobiliario
típico da cociña galega, cerámica, ferros de pasar, etc. ; un salón cunha gran
ventá con “parladoiros” e unha cheminea renacentista ; a sala do tear; un
escritorio e un dormitorio.
O primeiro e segundo piso da Torre da Homenaxe albergan as
coleccións de armas brancas e de fogo, destacando unha armadura de placas de
asta, outra de guerreiro samurai, dagas, machetes, espadas, revólveres de
percusión, de tambor ou de chispa, fusís, canóns, etc.
No terceiro piso sobresae a cheminea renacentista que Vasco das Seixas mandou
construír no século XVI, decorada a base de elementos zoomorfos e fitomorfos.
A capela, de planta
cuadrangular, foi construída no século XVIII e ten un retablo do XIX con
diversas imaxes populares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario