Os
Peliqueiros de Laza
No pobo de Laza (Ourense) cada ano
celébrase uns dos Entroidos máis ancestrais e auténticos de toda Galicia.
Durante todo o entroido celébranse distintos actos e hai varios personaxes
populares pero, sen dúbida, os protagonistas, son os "peliqueiros". A
festa está declarada de Interese Turístico Nacional.
O "peliqueiro" é a máscara que
levan estes personaxes pero todo o seu vestido ten unha gran
tradición e importancia. A súa confección é artesanal ademais dun orgullo para quen o leva. Ademais do mesmo e a máscara, cada un leva seis "chocos" ou cencerros, de quilo e medio cada un, en ferro e bronce, para avisar da súa presenza.
Crese que a súa orixe podería estar no século XVI aínda que hai diversas teorías respecto diso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario