LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

15/2/08

Enrique 5º

É o título da representación á que asistiron os alumnos de 1º e 2º da ESO no teatro Jofre e patrocinada po Caixanova.
O autor belga, Ignace Cornelissen, realiza unha dramaturxia
limpa e sinxela do drama histórico de W. Shakespeare, que
se converte nunha parábola humorística do absurdo da guerra,
ese disparate do xogo bélico e a puerilidade con que os
reis-gobernantes o defenden, expoñen e realizan. Unha
adaptación que non desvirtúa o espírito histórico e real da
obra shakesperiana: a guerra e os seus mecanismos, o poder
e os seus abusos, a morte e a miseria, o odio e a sede de
poder..., todos eles represéntanse con humor e de xeito moi
contundente. Enrique 5º é unha obra que aborda con moita
franqueza cuestións da vida social e política, achega esta
problemática aos nenos e, a través da súa mirada, evidencia
o infantilismo da clase gobernante. Confróntanos cunha
serie de preguntas acerca do límite entre o social e o individual,
entre o sono do poder e a cegueira que este produce.
Ensínanos como se produce a escalada da violencia e axúdanos
a reflexionar en canto a como contrarrestala.

No hay comentarios: