LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

1/11/10

VISITA AO MUSEO NAVAL


O Colexio JESUS MAESTRO segue a dar coñecer o patrimonio ferrolá aos seus alumnos.
O mes de outubro xa pasou, pero deixounos na memoria algunhas escenas para o recordo e a lembranza, porque de lembrar se trata cando visitamos un museo, non si? Pois nós, dende o noso colexio seguimos co pulo de tratar de coñecer o patrimonio de Ferrol. Xa en cursos pasados visitabamos o arsenal ou o cuartel das Dores. Este ano algún alumnos da ESO acudiron ao Museo Naval. O obxectivo desta visita era tratar de coñecer cales foron as condicións de vida de moitos dos traballadores que axudaron a construír Ferrol aló polo XVIII. Previamente os rapaces e rapazas de 3º da ESO fixeron pequenas fichas de traballo que logo expuxeron (ata onde deu tempo) a os seus compañeiros diante de determinadas pezas do museo.
Traballamos bastante ben (aínda que algúns non levaban ben aprendida a súa parte), pero serviunos para engadir algunhas anécdotas da historia á nosa colección, e tamén para ter unha primeira convivencia de titoría neste inicio de curso. Por iso nalgunha das fotos veredes a pequena “comilona” que nos dimos na praza da Constitución. Por certo, fixemos unha parada nese espazo por estar alí ubicada o antigo cárcere civil (hoxe Fundación Caixa Galicia), e por dirixirnos logo ao antigo penal de San Campio. Vaia, ao final vai resultar que cando por fin nos decidimos a sair do colexio é para levar unha vida de presos!!
En fin, repetimos a visita noutra xornada cos alumnos e alumnas de 4º de ESO e alí puidemos comprobar que en non poucas ocasións os nosos rapaces teñen moitas cousas que contar, curiosidades das súas familias ligadas ao mundo naval, detalles acerca da navegación, os navíos, as penurias…
Pagou a pena o percorrido e como cumprimos horarios e prestamos atención, quen sabe, ao mellor podemos facer algunha outra escapada… Queredes?

No hay comentarios: