LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

24/11/13

Visita cultural dos alumnos da ESO á cidade de Lugo.


Os alumnos da ESO realizaron unha visita cultural a Lugo o pasado martes 19. Nela, coñeceron a obra do xenial debuxante Escher e seguindo os seu bucles infinitos, as súas transformacións do plano, reflexións e simetrías, teselacións e xeometrías imposibles puideron apreciar a estreita relación entre arte e matemáticas. Tamén realizaron un obradoiro matemático onde traballaron con volumes, formas xeométricas e con obxectos tan inquietantes como a banda de Möebius ou o triángulo imposible de Penrose. Tamén visitaron a catedral, e no interior realizaron un traballo de investigación sobre diversos aspectos relacionados coa historia, arquitectura, arte, tradicións etc. Cumpre salientar que o alumnado tomou tanto interese na realización desta tarefa que foron obsequiados, por persoal da propia catedral, con libros para poder mellorar os seus traballos e ampliar coñecementos. E por suposto, non se pode falar de Lugo sen facer referencia á súa muralla, declarada Patrimonio de Humanidade no ano 2000. Visitouse o centro de interpretación da muralla, onde puidemos coñecer diversos aspectos relacionados coa súa historia e a influencia na cidade ao longo dos séculos. Foi unha pena non dispoñer de un pouco máis de tempo para poder pasear adarve, pero isto tamén pode ser motivo para unha próxima visita.

No hay comentarios: