LEMA 2016-17

EN MÍ BRILLA UNA ESTRELLA

24/3/09

ALLARIZ, marzo de 2009.

Non é fácil resumir a viaxe que emprendimos os alumnos de 2º de ESO, xunto con algunhas alumnas de 3º rumbo a terras Ourensás para realizar as actividades do "Proxecto Terra" organizadas polo C.O.A.G e a quen agradecemos esta aportación ao mundo da educación.

Quizais o titular puidera ser:

Allariz: Dous días de aprendizaxe e de moita troula!!!

O noso periplo iniciouse ao pouco de pasar Ourense, moi preto xa do concello de Allariz. Xa estabamos a un tris de chegar pero de súpeto, un coche que adiantaba ao autocar fainos acenos e paramos na beirvía para comprobar que pincharamos una roda!!! Incrible pero certo. Aló quedaron Salva o condutor e Juan Carlos o profe (entre outras cousas) de tecnoloxía demostrando todas as súas habilidades (e aquí entre nós, menos mal que as teñen!! Que senón quedaríamos na estrada toda a fin de semana).

Por fin chegamos a Santa Mariña, una aldea do concello de Allariz. Aló agardaba por nós una señora la mar de simpática. Se chamaba Visitación e foi a que nos amosou moitas curiosidades sobre a súa parroquia.

Tratábase dunha igrexa románica (xusto o que andamos estudando en Sociais), así que ollamos os arcos de medio punto, os sillares e pilares, as columnas arrimadas e os capiteis, menudos capiteis tiña na zona do coro!!

Logo Visitación contounos a lenda de Santa Mariña, una Santa que sufriu martirio no tempo dos romanos. Á pobriña escaldárona, logo refrescárona nunha pila de auga e finalmente, como non morría, cortáronlle a cabeza. Ao facelo caeron tres chorros de sangue e de cada un deles naceu un manancial. Pois tamén visitamos un dos pozos, una fonte e o lugar do martirio. E non foi doado, porque facía calor e porque tivemos que atravesar unha carballeira. Pero acadámolo.

A hora do xantar estábamos moi cansos, e iso que nos alimentaron la mar de ben no Fogar dos Maiores de Allariz.

Sen tempo de facer a dixestión saímos pitando cara O Rexo, unha área para coñecer as tarefas gandeiras e silvopastorís. Aprendemos como se muxen ás ovellas, como se marcan, e tamén como se levan para o matadoiro aos años machos que non van dar leite (Snif!! Que mágoa!!). Cos cordeiros críanse os cachorros de mastín, para que síntanse da familia e logo, no monte, defendan ben o gando.

Cando chegamos á aula da natureza estábamos mortos de cansazo (e a verdade sexa dita, puxémonos un pouco pesados). Falamos de sostibilidade, de enerxías non contaminantes, e mesmo amosáronnos unha caldeira de biomasa.

Tras un paseo pola beira do río e tras botarlle unha ollada ao bosque enfeitizado de Ibarrola, chegamos ao albergue e preparámonos para ir á piscina. Coa calor que pasamos o baño veunos xenial.

Despois da cea (moi abundante por certo), ollamos unha peli, un pouco lenta, pero foi mellor así, porque a acción xa puxémola nós correndo de habitación en habitación para non deixar durmir aos profes (je, je, je).

En fin. Unha noite para non esquecer… E uns profes moi vingativos (e iso que realmente non armamos moito balbordo) que á mañá seguinte, cando fixemos o percorrido urbano por Allariz, non nos deixaron sentar, nin apoiar na parede!! O final vai a ser certo aquilo de que os profesores son unha raza perigosa.

Carlos, o noso guía, levounos a ver o convento de Santa Clara (por fora), as vellas cercas medievais, as estreitas rúas empedradas e mesmo tres museos; o do xoguete, un muíño e unha fábrica de curtidos. (Buff!! E todo iso de pé trala noite de troula).

Para facerlle a pelota a Consuelo, sacámonos unha foto diante da casa de Vicente Risco onde, ao parecer, editouse o número 1 da revista Nós.

Tan só quedábamos xantar, facer algunhas compras e marchar para Ferrol. Chegamos esgotados, pero pagou a pena, ou non?

E como os profes sempre rematan con aquilo de, algunha pregunta?, pois aló vai unha: Para cando a próxima viaxe?


6 comentarios:

clariita dijo...

sii todoo lo quee poneee es verdad!

Que seriia una excursiión durmiiendoo por la nochee??? nada xD
la verdad esque Allariz es preciiosoo y nos lo pasammos geniial.
quiiero otra excursiión YA!

Anónimo dijo...

Tedes moita sorte de que haiba profesores que vos leven a sitios así...
Eu estiven en Allariz fai uns meses por vez primeira, tamén coñecín a Visitación...e pareceume un lugar cheo de encanto.
Alégrome e parabéns para todos

Saa dijo...

Estuve geniial lo de Allariiz LOL
nos lo pasamos geniial
y casii nos mandan a dormiir a la habiitaciion de Ana M. :O
xD

pero fue geniial nos reiimos un monton sobre todo de noche :P

quee nos lleven a mas excursiiones asiii!!!

julia dijo...

Julia !

merecio la pena haber ido nos lo pasamos como nunca y tenemos que volver !!!

Juanakin dijo...

estubo genial!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Hola a los alumnos de 2 de E.S.O. Jenaro y yo hemos visto en You Tube el trabajo de Tulipanes, y nos ha encantado, muchos besos